Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

O cunqueirazo da ONCE

Achégase a data (é o vindeiro 22 de decembro) na que se cumpren 100 anos do nacemento do célebre escritor, periodista e poeta galego Álvaro Cunqueiro, motivo polo cal a ONCE súmase á multitude de homenaxes que está a recibir o autor mindoniense adicándolle a ilustración do cupón do próximo sábado 10 de decembro.

Nada máis e nada menos que cinco millóns! de cupóns da ONCE homenaxearán, esparexidos por toda a xeografía española, a Cunqueiro a través dunha fotografía da estatua que o lembra no xardín situado nun dos laterais da catedral do seu Mondoñedo natal.

Acompaña á imaxe a lenda “Álvaro Cunqueiro. Mondoñedo 1911-Vigo 1981. Gallego Universal. Poeta. Escritor. Periodista”. Que digo eu, xa postos a homenaxear, podían telo feito en galego, non? Non lles custaba moito, só unha “l” menos en “gallego” (e tampouco creo que ninguén o deixase de entender por iso).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s