Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Se é cultura está en Pontevedra: Culturgal 2011

Marchamos de ponte ata o mércores, pero facémolo cunha proposta. O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle dende hoxe venres ata o domingo a que será a IV edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia: o Culturgal.

Organizada pola Asociación Culturgal, que agrupa á Asociación Galega de Editores (AGE), a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), a Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), a Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), é un espectacular escaparate no que presentar as novidades dos máis diversos sectores da cultura galega: lanzamentos editoriais teatrais, audiovisuais, discográficos, tecnolóxicos…

Obradoiros, exposicións, contacontos, maxia, teatro, danza, presentacións de libros e discos, conversas… conforman un completísimo programa que podedes consultar aquí.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s