Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para 28/11/2011

-ble/-bel

[Inauguramos hoxe unha nova categoría no noso blogue na que iremos resolvendo aquelas dúbidas que se nos presenten no referente ás Normas ortográficas e morfolóxicas do galego]

Considéranse admisibles tanto -ble como -bel.

Así pois, debemos escribir:

  • estable ou estábel
  • terrible ou terríbel
  • variable ou variábel

Os plurais correspondentes serán -bles (para -ble) e -beis (para -bel). É dicir, debemos escribir:

  • estables ou estabeis
  • terribles ou terribeis
  • variables ou variabeis

Ademais, se optamos pola terminación -ble, o coherente é escribir establecer, establecemento e restablecer, pero se optamos pola terminación -bel debemos escribir estabelecer, estabelecemento e restabelecer.