Eu xavexo, ti xaves, el xave…
Aínda nos quedan por vos traer ao Xavedes! unha morea de recursos relacionados coa nosa lingua. Este chegou onte aos nosos oídos.
Trátase dun conxugador de verbos en galego, unha ferramenta coa que poderedes comprobar se estades a conxugar correctamente ese verbo que vos plantexa dúbidas. O seu nome é Cilenis e para acceder a el, simplemente tedes que visitar a páxina conxugador.cilenis.com
Só tedes que introducir no cadro de búsqueda o infinitivo do verbo que queredes conxugar (se queredes restrinxilo aos verbos presentes no Vocabulario ortográfico da Lingua Galega da RAG (VOLG) podedes facelo marcando a pestana correspondente) e premer o botón correspondente.
Fagamos unha proba para que vexades o resultado. Imos conxugar o verbo esborrallar:
Útil, verdade? Pois veña… conxugando (xerundio do verbo conxugar, non? ;) ).
moi boa
09/11/2011 ás 22:35
Así que isto é do que nos falaba Cristina en clase eh.
Moi interesante ^^
10/11/2011 ás 16:13