Tempos (máis) novos
E seguimos coas boas novas. Onte presentouse en Santiago Tempos Dixital, a nova web da revista Tempos Novos.
Tempos novos é unha revista mensual que vén publicándose dende hai xa 14 anos. Agora retoman a súa actividade na rede con esta nova versión dixital que, aseguran, ten como un dos seus principais obxectivos o de ampliar a franxa de idade dos seus lectores, combinando artigos extraídos da edición en papel con outros destinados a un público máis novo. Demóstrano abrindo co ata logo de The Homens.
É ou non é marabilloso dispoñer doutro medio en galego máis co que ir enchendo o baleiro deixado por Galicia Hoxe e Xornal de Galicia?
Benvidos!
Deixar unha resposta