Que hai na praza?
Xa abonda de anunciar desaparición de medios de comunicación en galego! Está a punto de comezar a súa andaina un novo diario dixital na nosa lingua. Trátase de Praza pública (prazapublica.com) e é un proxecto de Manolo Barreiro, Filipe Díaz e Marcos Pérez Pena. Será tal que así.
Pero mellor que volo conten eles mesmos: se visitades prazapublica.com nestes días previos ao seu lanzamento definitivo, atoparédesvos cunha completa presentación na que nos falan do seu proxecto.
Que vos parece? Nós desexámoslles moita sorte!
Esta entrada foi publicada o 27/10/2011 por Lestonnácticas. Foi arquivada en Arañeira e foi etiquetada con filipe díaz, manolo barreiro, marcos pérez pena, praza pública.
yeah!
27/10/2011 ás 23:57