Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Samaín: dende Cedeira a Galicia enteira

Avisámosvos con tempo, porque hai que ir buscando actividades para esta terrorífica ponte que nos vén encima. Terrorífica porque a noite do Samaín está á volta da esquina. E que mellor forma de celebralo que pasarse por Cedeira, alí onde a celebración celta do Samaín se recuperou e dende onde se extendeu a toda Galicia.

Ano tras ano, a Asociación de Amigos do Samaín achéganos un completo programa de actividades, que este ano se aglutinan en torno á data do 29 de outubro (sábado), para que todos (cantos máis mellor) poidamos desfrutar del. Xa imos pola vixésimo segunda edición!

PROGRAMA DA XXII FESTA DE SAMAIN

CEDEIRA 2011

O VENRES DÍA 28 DE OUTUBRO, ás 6 da tarde no paseo do Pinzón faremos o Fiadeiro das Castañas e Obradoiro de Caliveras, onde teremos zonchos preparados para que fagades os collares.
Ademais, a partir das 8 da tarde terá lugar, un espectáculo de circo, musica e humor a cargo do grupo Ringo Rango, espectáculo cómico ao límite do absurdo onde todos habemos pasar momentos ben divertidos.
E ás 10 da noite, no medio do río faremos o acto de inauguración do Samaín 2011, coa xa tradicional Queima da Cabaza.

SÁBADO 29 DE OUTUBRO – FESTA DE SAMAÍN
A partir das 5 da tarde, no Paseo do Pinzón, comezaremos a anotar os melóns para o Concurso Exposición, no que coma sempre, premiaranse aqueles que máis chamen a atención, polo seu tamaño, a súa orixinalidade, beleza natural, simpatía…

Os que queirades participar na Ginkana tamén vos podedes ir apuntando, finaliza para os máis “votados pa diante” cunha visita á Casa das Ánimas.

Obradoiro de Maqueado, a cargo de Fusa para deixarvos a cara “samainera”

Merendola de Outono, con bola de azucre e requeixo, son dous clásicos da festa que nesta ocasión non han de faltar.

Ao longo da tarde, teremos contacontos a cargo de Ni fú ni fá animación e actividades de animación con Anima Rúa

No lus con fus, a iso das oito e media, máis ou menos, sairá do Paseo a Pasarrúas das Pantasmas que con todas as luces apagadas percorrerá os currunchos máis escuros da vila, e se as pantasmas están de leria, levarannos por onde elas queiran. Deixádevos levar…e ao seu remate faremos a Entrega de Premios do Concurso Exposición, non quedando xa senón darnos entre todos o De Hoxe nun Ano e preguntarnos: ¿ Qué hai na praza? e contestarnos: ¡Papel de estraza! e así concluírmos: Cada un que se retire pra a súa casa.

MARTES 1 DE NOVEMBRO, ás 8 da tarde no auditorio municipal a función “Mackie, o Navallas” do grupo Bartoleta de Ferrol

Que me dicides? Véxovos na vila?

6 Respostas

  1. celeste

    Que pena, peniña … Non podo ir, o venres actúa O Aturuxo en Neda coa obra RRHH e o sábado aniversario dun amiguiño do meu pequerrecho … Calquera lle di algo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    25/10/2011 ás 23:20

  2. joni gonzalez

    o galego sempre con nos

    09/11/2011 ás 16:25

  3. Blaster

    A maioría de alumnos do Bloge somos de 2ºB ^^
    Que eu saiba…

    10/11/2011 ás 16:15

    • É que 2º B… arrasa! ;)

      10/11/2011 ás 18:15

      • Blaster

        Pois claro!!!
        Ainda que ségueme a parecer raro que sexamos tan poucos neste Bloge…

        10/11/2011 ás 19:55

      • Xa virán, xa virán… ;)

        17/11/2011 ás 23:18

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s