Malas novas
Hoxe soubemos que Galicia Hoxe sae mañá a rúa por derradeira vez. O único diario en galego bota o peche, así que… nunca mellor dito: malas novas.
O primeiro número de Galicia Hoxe publicouse o 17 de Maio (Día das Letras Galegas) de 2003, pero o seu verdadeiro xerme debemos situalo o 6 de Xaneiro de 1994, cando saíu por primeira vez á rúa O Correo Galego, cabeceira da que era herdeira directa.
A nova está a xerar unha gran cantidade de reaccións, especialmente na rede (no momento de escribir estas liñas Galicia Hoxe é Trending Topic en Twitter), lugar onde (ese é o único consolo que nos queda) Galicia Hoxe seguirá sendo fiel a súa cita coa información do noso país a través do sitio www.galiciahoxe.com.
Comentarios recentes