Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para 08/06/2011

Énchete de galego

Énchete de galego. Ese foi o lema deseñado polos rapaces de 1º da ESO (que bonito, Andrea) para promover o uso do galego entre a comunidade educativa do Colexio Lestonnac. Como? Pois a través da elaboración (os rapaces de 4º da ESO tamén participaron) na clase de plástica (grazas, Diego) duns carteis que a semana pasada comezamos a colocar por todo o centro. Irémosvolos colgando aquí tamén.

Este está na entrada do Cole:

Que? Que vos parece? Uns artistas, verdade?