Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para 07/06/2011

Illa Pedra: a primeira audiodescrición para cegos en galego

Illa Pedra é unha curtametraxe realizada por alumnos do máster de dirección cinematográfica da escola de cine de Londres (LFS) que vén de ser noticia porque se trata do primeiro proxecto audiovisual que inclúe audiodescrición para cegos, é dicir, unha dobraxe para invidentes. A audiodescrición permite que un invidente poida salvar a barreira da imaxe a través da inserción de comentarios nos silencios que deixa a trama, do mesmo modo que as persoas xordas poden salvar a barreira do son a través dos subtítulos.

Preme na imaxe inferior para aprender máis sobre este sistema e sobre o proxecto que o pon en contacto coa nosa lingua (vía agalega.info).