Palabra! | enxebre
enxebre adx. 1. Sen máis nada, sen mestura. ¿E logo cóme-la carne enxebre; non botas unhas patacas ou unha pouca verdura? SIN. só.Utilizou fertilizante enxebre e houbo queima-la plantación. SIN. puro. 2. Que é característico e propio dun país ou dunha rexión e que non está falseado, deformado ou mesturado con nada alleo. Fala un galego moi enxebre. SIN. castizo. Costumes enxebres. CF.auténtico, puro, típico, xenuíno.s Estar enxebre. Estar en xaxún. Xa son as once e media e eu aínda estou enxebre. SIN. estar en xebre.
Deixar unha resposta