Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para 12/05/2011

O Vento Lois sopra en Ferrol… e ata en París!

Nesta semana previa ao Día das Letras Galegas, raro é o día no que non haiba algún acto, grande ou pequeno, adicado á lembranza da figura de Lois Pereiro e á difusión da súa obra. Hoxe terá lugar un dotado dun carácter moi especial, posto que se celebrará de forma simultánea (hoxe 12 de maio) en 24! cidades e vilas de toda Galicia, do resto de España e ata de Francia!

Vento Lois, así se chama o evento, componse da lectura dun manifesto (o manifesto loisista, que podedes ler aquí), dunha lectura de poemas do autor monfortino e de textos sobre Lois e para Lois e, para rematar, de música, en vivo… ou gravada. ;)

A relación de localidades? Cerceda, Monforte, Noia, Santiago, Sarria, Bergondo, Gondomar, Carballo, Vigo, Sada, Ribeira, Lalín, Ourense, A Coruña, Betanzos, Bueu, Tui, Arteixo, Cangas, Madrid, Limoges e París!

E cerca de nós, sentiremos o Vento Lois en Ferrol, a través dun acto que terá lugar no Cantón de Molíns e que está organizado polo Ateneo Ferrolán en colaboración co Concello, e en Fene, no Casino de Perlío. A hora de comezo é, en ambos casos, e como na maioría dos actos programados para hoxe, as 8 da tarde.

Animádesvos a participar?

(máis…)