Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Dende Redondela a Caranza

Que bonito nos quedou o colexio decorado cos carteis sobre a vida de Lois Pereiro deseñados polo CEIP de Laredo de Chapela (Redondela)!

Unha escolma da súa poesía en palabras.

Luis Ángel Sánchez Pereiro (Lois Pereiro) nace en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958. Os seus pais procedían do Incio (Lugo)

Monforte era daquela o principal nó ferroviario do noroeste peninsular. Lois Pereiro foi un gran viaxeiro, e o tren o seu medio preferido

Aos 17 anos, vai a Madrid, onde estuda Políticas e Socioloxía, que abandonará polos idiomas e a informática. Aprende inglés, francés e alemán na Escola Oficial de Idiomas da capital

En Madrid, Lois Pereiro, con Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel, funda Loia. Desta revista, escrita en galego, sairán catro números

Durante a súa estancia en Madrid, consumiu aceite do colza desnaturalizado e enfermou gravemente

Lois Pereiro colabora con Radio Océano, grupo de pop-rock galego con influencias punk, e mesmo chega a escribir a letra dalgunha canción, como a famosa “Narcisismo”

Viaxeiro incansable, percorre Europa onde visitou entre outros países, Francia, Alemaña, Suíza, Bélxica, Holanda ou Inglaterra. Na cidade de Berlín, mesmo queda a vivir

Xa de volta na Coruña, Lois Pereiro intégrase no grupo de poetas De Amor e Desamor. Publicarán dúas obras colectivas: De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985).

Lois Pereiro colaborou e foi membro do Consello de Redacción da revista La Naval.

Que é Galicia? Texto de Pereiro no que expresa o seu sentir sobre Galicia.

Lois Pereiro era un gran lector e un apaixonado do cinema e da música. A súa obra literaria está chea de referencias culturais.

Lois Pereiro, vítima primeiro da intoxicación con aceite de colza adulterado, enfermará despois de sida.

Piedad Cabo marcha para Estados Unidos. As cartas que Lois lle envía durante tres meses do ano 1995 formarán parte do libro Conversa ultramarina.

Lois Pereiro morre na Coruña o 24 de maio de 1996. Só tiña 38 anos. Ese mesmo día coñécese a sentenza do proceso polo envelenamento do aceite de colza desnaturalizado.

Advertisements

Unha resposta

  1. Boas Compañeiros/as
    convidámosvos a utilizar os novos materiais realizados co gallo das letras galegas 2011:
    http://centros.edu.xunta.es/ceipdelaredo/?page_id=1379

    Saúdos.

    14/05/2011 ás 01:12

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s