Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para Abril, 2011

Unha festa, unha feira…

Ímonos de fin de semana lembrándovos que ata o domingo podedes disfrutar no Cantón de Molíns da XXII Feira do Libro de Ferrol, enmarcada dentro da Festa da Lectura, do Libro e da Palabra que se inaugurou o pasado mércores coa lectura do pregón a cargo da escritora e xornalista Rosa Aneiros.

Ademais dos once expositores (sete librarías, dúas editoriais e dous stands institucionais) que, en horario de 11 a 2 e de 5 a 9 e media, ofrecerán descontos do 10% na compra de libros, dispoñedes de un amplo programa de actividades que se pechará o domingo ás 7 e cuarto da tarde co monólogo Cunqueiradas a cargo de Cándido Pazó.

Podedes consultalo aquí. Estades a tempo!


Cita! | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

“Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable de obras de arte.”

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Sempre en Galiza (1944)


Para número 1… Andrés do Barro

E xa que temos un número 1 en vendas en catalán… para cando un en galego? Pois para hai corenta anos!

Andrés do Barro conseguía en 1969 (en plena ditadura!) colocar un disco en galego no máis alto da lista de vendas. Tratábase do seu sencillo O tren.

A historia deste pioneiro (alomenos no que á canción se refire) das letras galegas contarémovola outro día; hoxe quedades co tema que lle deu o número 1 nun vídeo pertencente á película La red de mi canción, que protagonizou xunto a Concha Velasco.

O tren
Andrés do Barro
O tren (1969)

O tren que me leva pola beira do Miño
Me leva e me leva polo meu camiño
O tren vai andando pasiño a pasiño
E vaime levando cara o meu destiño

Alguén pode ser que me espere na estación
Na terra da felicidad
E todo o que sexa amor e paz
O atoparei, eu o terei
Coa miña moza no meu lar

O tren que me leva camiña e camiña
Vai botando fume, corre pola vía
O rio vai feito un mar de ledicias
No tren pouco a pouco volto á miña Galicia

Pasei moito tempo sen lar, lonxe de eiqui
Foron mil noites cheas de soidá
Falando coa xente polas mañás
Escoitarei e saberei
O que pasou polo meu lar


Tinta de lura para ir á moda

En Xavedes! estamos atentos ás últimas tendencias. Xa podedes atopar en Toupa.net (e proximamente nun sitio web propio) as camisetas do proxecto Tinta de Lura.

Como eles mesmos nos explican,

O proxecto Tinta de Lura nace co propósito de difundir e realizar unha promoción da literatura galega, máis concretamente da poesía galega, a través de novas canles.

Unha desas canles é a creación, distribución e venda dunha colección de camisetas deseñadas a partir de textos de carácter poético pertencentes a diversos autores galegos. Tédelas normais

, entalladas

e para nenos.

A colección componse, polo momento, de textos de Estíbaliz Espinosa, Lois Pereiro, Lupe Gómez, Manoel Antonio, O Leo, Rosalía de Castro e Valentina Carro. Os prezos? Ao redor dos 16 €.

Seguir lendo >>


Manel: 15 anos para ver un bo número 1

Hoxe imos tender unha ponte entre dúas das linguas oficiais do estado: o galego e o catalán. A excusa, o feito de que nestes días un disco en catalán, 10 milles per veure una bona armadura (10 millas para ver unha boa armadura), dos barceloneses Manel, vén de situarse no máis alto das listas de venda en España. Facía 15 anos que un disco en catalán non o conseguía.

Aquí vos deixamos o primeiro single do disco, Aniversari, traducido ao galego (para ver o vídeo, iso si, deberedes seguir a ligazón de YouTube).

Spotify | Grooveshark

Aniversario

Aniversari

As luces apagáronse, sacaron o pastel,
aplaudían os pais, os tíos e os amigos
todos á vez, agrupados nun único grito,
“que pida un desexo, que pida un desexo”.

Els llums s’han apagat, han tret el pastís,
aplaudien els pares, els tiets i els amics
tots alhora, agrupats en un únic crit,
“que demani un desig, que demani un desig”.

E ti, nerviosa, coma sempre que che toca ser o centro de atención,
fixaches os ollos nun punto impreciso do comedor
un segundo, dous segundos, tres segundos, catro e cinco.

I tu, nerviosa, com sempre que et toca ser el centre d’atenció,
has fixat els ulls en un punt imprecís del menjador
un segon, dos segons, tres segons, quatre i cinc.

Os teus ollos cabalgaban buscando un desexo,
as candeas queimaban e algúns dos amigos
enfocábante con cámaras de retratar,
unha voz comentaba “ai, que guapa está”
e eu, no fondo, acababa a copa decidido
a encontrar un curruncho adecuado para facerme pequeno, pequeno.
Do tamaño dunha mosca, do tamaño dun mosquito.

Els teus ulls cavalcaven buscant un desig,
les espelmes cremaven i alguns dels amics
t’enfocaven amb càmeres de retratar,
una veu comentava “ai, que guapa està”
i jo, en el fons, m’acabava el culet de la copa decidit
a trobar un raconet adequat per fer-me petit, petit.
Del tamany d’una mosca, del tamany d’un mosquit.

Para unha vez empequenecido, baixo as banquetas
e a mesa alargada polos dous cabaletes,
abrirme paso con prudencia por unha rede
de zapatos de inverno, de confeti esmagado,
e esprintar maldicindo a lonxitude dos meus novos pasiños
e esconderme entre unha cortiza e a parede
xusto a tempo de que non me coma o demo do micho.

Per un cop empetitit, sota els tamborets
i la taula allargada pels dos cavallets,
fer-me pas amb prudència per un entramat
de sabates d’hivern, de confeti aixafat,
i esprintar maleint la llargada dels meus nous passets
i amagar-me entre un tap de suro i la paret
just a temps que no em mengi el collons de gatet.

E escalar as cenefas do teu vestido
e calzar o pé esquerdo nun descosido
e chegar ás túas costas e sentar nun botón
e coller un chisco de aire e, dun chimpo,
agarrarche un cabelo e impulsarme nun último salto final
e acceder ao teu desexo atravesando a parede do lacrimal.
Agora un pé! Agora un brazo! Agora o torso! Agora a cabeza!

I escalar les sanefes del teu vestit
i falcar el peu esquerre en un descosit
i arribar-te a l’espatlla i seure en un botó
i agafar un pelet d’aire i, amb un saltiró,
enganxar-te un cabell i impulsar-me en un últim salt final
i accedir al teu desig travessant la paret del llagrimal.
Ara un peu! Ara un braç! Ara el tors! Ara el cap!

E xa dentro do desexo ver se hai bo ambiente,
repartir unhas tarxetas, ser amable coa xente
e con maneiras de rapaz discreto e educado
presentar os meus respectos á autoridade,
escoitar con atención batalliñas curiosas aos máis vellos,
facerme fotos graciosas con outros ilustres viaxeiros
e cun home con gravata que non sei quen é.

I ja dins del desig veure si hi ha bon ambient,
repartir unes targetes, ser amable amb la gent
i amb maneres de jove discret i educat
presentar els meus respectes a l’autoritat,
escoltar amb atenció batalletes curioses als més vells,
fer-me fotos gracioses amb altres il•lustres viatgers
i amb un home amb corbata que no sé qui és.

E na nube de soños que tes ao teu alcance
e entre outros que, síntoo, pero xa nunca vivirás,
detectar un caminiño que me afaste do grupo
o unha sombriña tranquila onde, desapercibido,
estirarme un rato e, por fin, relaxarme celebrando
o pracer indescriptible que é estar contigo, hoxe que te fas grande,
mentres fóra do ollo as candeas se van apagando.

I en el núvol de somnis que tens a l’abast
i entre d’altres que, ho sento, però ja mai viuràs,
detectar un caminet que m’allunyi del grup
o una ombreta tranquil•la on, desapercebut,
estirar-me una estona i, per fi, relaxar-me celebrant
el plaer indescriptible que és estar amb tu, avui que et fas gran,
mentre a fora de l’ull les espelmes es van apagant.

Manel: 10 milles per veure una bona armadura (2011)