Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para 29/04/2011

Palabra! | faragulla

faragulla s.f. 1. Anaco moi pequeno que se solta do pan ou doutros alimentos feitos con fariña, como as galletas ou os doces. Que non che caian faragullas ó chan, que despois hai que varrelas. 2. prop. e fig. Por ext., porción pequena de algo que se esnaquiza, por exemplo, pedra, vidro ou algo similar. Tirou co prato ó chan e del só quedaron as faragullas. Se non actúas como eles queren, fante faragullas. u SIN. frangulla, miga, migalla.