Un cranio premiado
Tiña pensado ter escrito antes sobre a gala de entrega dos Premios María Casares 2011, pero fóronse coando outros temas e…
Os Premios María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, levan premiando dende 1997 aos profesionais do teatro galego nunha gala que soe celebrarse ao redor dunha data especialmente relevante: a do Día Mundial do Teatro (que por certo foi este pasado domingo).
Así, o pasado mércores 23 celebrouse no Teatro Rosalía de Castro da cidade da Coruña (cidade natal de María Casares, a célebre actriz galega que da nome aos premios) a gala correspondente á decimoquinta edición dos galardóns.
A presentación correu a cargo de Gonçalo Guerreiro e Pedro Brandariz, nos seus papeis do Doutor Crisè e o seu axudante Casemorro, acompañados dun monstruoso (nunca mellor dito) elenco de artistas.
A grande triunfadora foi Un cranio furado, de Produccións Teatrais Excéntricas (da que xa vos falamos no seu día) con catro premios: Mellor espectáculo, Mellor actor protagonista (Evaristo Calvo), Mellor actor secundario (Santi Romay) e Mellor escenografía.
Seguírona Life is a paripé, de Obras Públicas, e Trogloditas, de Taranxina Teatro, que marcharon con dous premios por cabeza. Super8, Volpone, Limpeza de sangue, Memorias das memorias dun neno labrego e O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca obtiveron igualmente cadanseu galardón.
E se por un casual vendo a relación das obras a concurso vos animades a acercarvos ao teatro máis cercano, aquí vos queda unha axenda (se se pode chamar así) coas datas nas que algunhas delas visitan a nosa comarca (se sabedes dalgunha máis, non dubidedes en chamarnos a atención).
- Life is a paripé (Obras Públicas): 3 de Abril no Auditorio Municipal de Cedeira e 9 de Abril no Pazo da Cultura de Narón
- Memoria de Helena e María (Teatro do Atlántico): 1 e 2 de Abril no Teatro Jofre de Ferrol
- Un cranio furado (Produccións Teatrais Excéntricas): 27 e 28 de Maio no Teatro Jofre de Ferrol
E para rematar, tamén vos deixo a relación de nominados en cada unha das categorías, cos correspondentes gañadores debidamente resaltados.
Mellor espectáculo
Life is a paripé
Memoria de Helena e María
Un cranio furado
Mellor dirección
Marta Pazos (Super8)
Quico Cadaval (Un cranio furado)
Xúlio Lago (As actas escuras)
Xúlio Lago (Memoria de Helena e María)
Mellor actor protagonista
César Goldi (Life is a paripé)
Evaristo Calvo (Un cranio furado)
Xosé M. Olveira “Pico” (As actas escuras)
Mellor actriz protagonista
Iolanda Muiños (Life is a paripé)
Lucía Regueiro (Memoria de Helena e María)
María Barcala (Memoria de Helena e María)
Mellor actor secundario
Marcos Viéitez (As actas escuras)
Santi Romay (Un cranio furado)
Víctor Mosqueira (Un cranio furado)
Mellor actriz secundaria
Dorotea Bárcena (Un cranio furado)
Iolanda Muiños (A Nona)
Marta Ríos (Volpone)
Mellor escenografía
Marcelino de Santiago “Kukas” (Un cranio furado)
Rodrigo Roel (As actas escuras)
Suso Díaz (O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca)
Mellor texto orixinal
Roberto Salgueiro (Memoria de Helena e María)
Roberto Vidal Bolaño (As actas escuras)
Rubén Ruibal (Limpeza de Sangue)
Mellor adaptación-tradución
Avelino González (Un cranio furado)
Cándido Pazó (Memorias das Memorias dun neno labrego)
Roberto Salgueiro (Volpone)
Mellor música orixinal
Fran Pérez “Narf” (Memoria de Helena e María)
Hugo Torres e José Díaz (Super8)
José Luis Prieto e Carlos Mosquera “Mos” (Life is a paripé)
Piti Sanz (Un cranio furado)
Mellor iluminación
Baltasar Patiño (Super8)
Baltasar Patiño (Un cranio furado)
Suso Díaz (O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca)
Xúlio Lago (Memoria de Helena e María)
Mellor vestiario
Carlos Alonso (Trogloditas)
La Canalla (As actas escuras)
Roberto Salgueiro (Volpone)
Mellor maquillaxe
Dolores Centeno (As actas escuras)
Martina Cambeiro (Volpone)
Tanxarina (Trogloditas)
Esta entrada foi publicada o 29/03/2011 por Lestonnácticas. Foi arquivada en Actualidade, Teatro e foi etiquetada con a nona, aaag, as actas escuras, auditorio municipal de cedeira, avelino gonzález, baltasar patiño, carlos alonso, carlos mosquera "mos", casemorro, cándido pazó, césar goldi, día mundial do teatro, dolores centeno, dorotea bárcena, doutor crisè, evaristo calvo, gonçalo guerreiro, hugo torres, iolanda muiños, josé díaz, josé luis prieto, la canalla, life is a paripé, limpeza de sangue, lucía regueiro, maría barcala, maría casares, marcelino de santiago "kukas", marcos viéitez, marta pazos, marta ríos, martina cambeiro, memoria de helena e maría, memorias das memorias dun neno labrego, narf, o incerto señor don hamlet principe de dinamarca, obras públicas, pazo da cultura de narón, pedro brandariz, piti sanz, premios maría casares, premios maría casares 2011, produccións teatrais excéntricas, quico cadaval, roberto salgueiro, roberto vidal bolaño, rodrigo roel, rubén ruibal, santi romay, super8, suso díaz, taranxina teatro, teatro do atlántico, teatro jofre, teatro rosalía de castro, trogloditas, un cranio furado, víctor mosqueira, volpone, xúlio lago, xosé m. olveira "pico".
Deixar unha resposta