Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Carvalho Calero, ladrillo a ladrillo

O Concello de Ferrol anunciou hoxe que vén de firmar a adquisición da casa onde naceu hai 100 anos o escritor Ricardo Carvalho Calero.

O inmoble, situado no número 51 da rúa San Francisco, no barrio de Ferrol Vello, leva anos nun estado de total abandono (como se aprecia na imaxe superior), tempo no que chegou a temerse polo seu derrubamento.

Agora, esta noticia despexa as interrogantes sobre o seu futuro, posto que o Concello ten pensado iniciar as labores encamiñadas á súa rehabilitación de xeito inmediato. Conxuntamente actuarase en dous edificios colindantes para, no espazo resultante habilitar, nun primeiro momento, un centro de recursos do que se poidan beneficiar as asociacións existentes na nosa cidade e un centro cívico e, nun futuro, instalar (aínda que este extremo aínda non está confirmado) un museo adicado á figura do escritor. A recente declaración do barrio de Ferrol Vello como BIC (Ben de Interese Cultural) fai que intervencións como esta cobren especial relevancia.

Dende o Concello de Ferrol, así mesmo, anuncian que insistirán no seu empeño de que a Real Academia Galega lle adique o Día das Letras Galegas á figura deste escritor e profesor, que nos anos 70 se converteu no primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela.

Motivos non faltan.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s