Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para 22/02/2011

Radio Xavedes!

Supoño que moitos de vós escoitastes falar de Spotify. Non? Por se acaso.

Spotify é un servizo de música dixital que nos permite disfrutar de maneira gratuíta, instantánea e legal de millóns de cancións no noso ordenador. Só necesitamos dispoñer de conexión a internet, descargar e instalar o programa correspondente e crear unha conta de usuario.

E os peros? Son dous: existe unha limitación de 20 horas de reproducción ao mes e, de vez en cando, entre canción e canción, teremos que escoitar unha cuña publicitaria.

Existen formas de eliminar estas restriccións, pero, desafortunadamente, implican o pago dunha cota. O que si hai son alternativas a Spotify, sendo Grooveshark unha das máis completas.

Grooveshark non posúe unha biblioteca de cancións tan ampla como da que dispón Spotify, pero a cambio non temos que descargar programa algún, non é necesario que creemos unha conta de usuario, non existen restriccións temporais e non temos que escoitar publicidade, só a vemos a un lado da nosa pantalla.

Todo isto vén a conto de que, dado que, como xa vos dixemos, a música (como suporedes, e por regra xeral, en galego) vai ocupar un lugar importante neste blogue, ocorréusenos compartir con vós as nosas recomendacións a través deste tipo de plataformas. Como? Pois creando sendos perfís de usuario nas mesma, o que nos permite poñer á vosa disposición listas de reproducción baseadas na música que nos visite.

Ditos perfís de usuario serán accesibles en breve dende o noso blogue dende a barra lateral e dende a páxina Radio Xavedes! Como vos diciamos, visitando os mesmos poderedes atopar diversas listas de reproducción que se corresponden (sempre segundo a disponibilidade dos temas) coas cancións, álbumes… que teñan pasado polo noso blogue, así como unha lista de reproducción principal (Radio Xavedes!) na que se recolle unha selección dos mesmos.

Se visitades Radio Xavedes! agora, sexa a través de Spotify, sexa a través de Grooveshark, poderedes atopar xa unha lista de reproducción cos temas do Galeoke Vol. 1 (do que vos falabamos hai un par de semanas) e disfrutar da nosa (de momento breve) selección musical.

Galeoke Vol. 1
SpotifyGrooveshark

Radio Xavedes!
Spotify | Grooveshark

Escoitámonos!