Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Arquivo para 17/02/2011

Serán en galego | Febreiro

A vindeira semana celebraremos a reunión de Serán en galego correspondente ao mes de febreiro, polo que dende aquí animamos a tódolos membros da comunidade educativa do noso Colexio a participar. Ademais da actividade principal, desta volta tamén temos programadas actividades alternativas para os vosos fillos (no caso de que desexedes achegarvos con eles).

Lembrade que se estades interesados en participar, podédesvos anotar na Secretaría do Centro.