SingStar…? Galeoke!
Que é o Galeoke? Pois o Galeoke é, como o seu propio nome indica, un xogo de karaoke. O obxectivo do xogo é acumular o maior número de puntos, puntos que obteremos se conseguimos cadrar a nosa voz co tono de voz da canción que esteamos a interpretar. É dicir, trátase dun xogo na liña do coñecido Singstar™ para Playstation®, se ben o software utilizado neste proxecto está feito en Software Libre.
Pero o que de verdade chama a nosa atención sobre este proxecto é que tódalas cancións que inclúe non só pertencen a artistas galegos, senón que ademais están, todas, compostas en galego.
- Os Resentidos: “Galicia Caníbal”
- Fuxan os ventos: “O Carro”
- Malvela: “O Pirimpimpín”
- Berrogüetto: “Danza de Meirol”
- Projecto Mourente: “Como os Caranguejos”
- Espido: “Santa Muller”
- Narf e Manecas Costa: “Esta Noite”
- Lamatumbá: “Licorcafé”
- Quant: “Pois eu” (Andrés do Barro)
- Treixadura: “Fisterra”
- Xoan Curiel: “Rapás, rapás…”
- Uxía: “As nosas cores” (con Sara Tavares)
- Loretta Martin: “As cores do solpor”
- Os Cempés: “Sara, Sarinha”
- Marful: “Leverelém”
- Os Diplomáticos de Montealto: “Nordés” (con Mercedes Peón)
O Galeoke Vol. 1 vén, ademais, cun código que nos dará acceso á descarga dunha serie de temas extra. E tranquilos, porque se botades en falta algún tema, o Colectivo Galeoke promete unha segunda entrega e ata (se a cousa funciona) unha terceira. Cantamos?
Esta entrada foi publicada o 10/02/2011 por Cristina. Foi arquivada en Música, Videoxogos e foi etiquetada con andrés do barro, as cores do solpor, as nosas cores, berrogüetto, como os caranguejos, danza de meirol, espido, esta noite, fisterra, fuxan os ventos, galeoke, galicia caníbal, lamatumbá, leverelém, licorcafé, loretta martin, malvela, manecas costa, marful, mercedes peón, narf, narf e manecas costa, nordés, o carro, o pirimpimpín, os cempés, os diplomáticos de montealto, os resentidos, pois eu, projecto mourente, quant, rapás rapás..., santa muller, sara sarinha, sara tavares, treixadura, uxía, xoan curiel.
Que bo! Os Resentidos, Berrogüetto, Os Cempés, Os Diplomáticos…
Non coñecía a peza de Narf e Manecas Costa… encantoume.
10/02/2011 ás 12:36