Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac

Un cranio furado

Esta fin de semana comeza a xira 2011 dun dos estreos máis relevantes do ano pasado no que ao teatro galego se refire. Trátase de Un cranio furado, a última produción de Excéntricas, e cóllenos ben cerquiña, pois represéntase en Narón, no Pazo da Cultura.

UN CRANIO FURADO – A Skull in Connemara de Martin McDonagh, un producto de Excéntricas en coproducción co Festival Internacional Outono de Carballo.

Os feitos acontecen en Connemara, mais podían pasar en Bergantiños se tivesemos alguén que os soubese escribir. Como non tiñamos, tivo Avelino González que domear en galego aquel bravo inglés que escribiou McDonagh.

Todo acontece nun cemiterio, onde o horror que se albisca na penumbra está sempre compensado polo humor, sorprendente, feroz, que se aparece tamén naqueles contos galegos que se contaban no outono acarón dos cabazos furados que os cativos transformaban en cranios para asustar ós camiñantes na noite.

O enterrador local, Mick, ten de trasladar os restos da súa esposa, morta sete anos atrás de accidente de tránsito. Mais hai moitos que pensan que non foi un accidente. Entre eles, Tom, un policía local. E Mary-Johny, que prefire non dicir nada, porque aínda é meia prima do coveiro. Aínda hai un rapaz, confundido pola vida nocturna, que serve de axuda ou de estorbo a Mick, o sospeitoso.

Unha obra moderna, comercial, divertida, escrita por un explosivo e novo autor anglo-irlandés nos anos 90, martin Mc Donagh, que tiña tanta vontade de provocar ó tradicional mundo irlandés que herdaba como horrorizar ó requintado público urbano londinense.

O espectáculo (para maiores de 14 anos) está dirixido por Quico Cadaval e protagonizado por Dorotea Bárcena, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Santi Romay.

As funciòns en Narón son dúas. Hoxe venres 21 de xaneiro ás 20:30 horas e mañá sábado 22 ás 20:00 horas. O prezo é de 8 € (5,60 € para abonados e 4 € presentando o Carné Xove ou de Estudiante (ata 25 anos)). E se vos cadra mal, non vos preocupedes, teredes unha nova oportunidade o 27 e o 28 de maio, cando o espectáculo chegue ao Jofre.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s