Desde esta mañá coñécense os gañadores da XV Edición dos Premios da Música e, polo tanto, cal é, a xuízo dos membros da Academia das Artes e das Ciencias da Música, a mellor canción en galego de entre as publicadas o ano pasado.
Esta canción, composta por Quico Comesaña e Xabier Díaz, ten como letra un poema que Manuel Rivas lle enviou ao grupo como regalo tras o concerto no que este último se presentou como novo membro da formación.
Eu non sabía que había
tanta alegría nas bágoas
nin neve nas bidueiras
nin esperanza nas mágoas.
Eu de noite iría de noite,
no medio do temporal.
Ir de día á luz do día
dáme medo, miña nai.
No fondo do teu ollare
unha gamela abanea.
Quen se poidera afogare
na ardora dunha misteira.
O que eu soño é verdade
como o silencio é un falare.
Se roubei o teu retrato
foi pra aprender a mirare.
E seguimos con música… Onte coñecemos o nome dos finalistas da XV Edición dos Premios da Música, premios que entrega tódolos anos a Academia das Artes e das Ciencias da Música. A representación galega exténdese ata varias das categorías principais, con varios artistas da nosa terra entre os nominados. Os vigueses Siniestro Total optan ao premio de Mellor Álbum de Rock co seu Country & Western, ao igual que os coruñeses Triángulo de Amor Bizarro e o seu Año Santo na categoría de Rock Alternativo e Iván Ferreiro na de Pop Alternativo con Picnic extraterrestre. Ademais, o álbum Solsticio de Luar na Lubre é candidato ao Mellor Álbum de Música Tradicional.
Pero hai unha categoría que nos interesa especialmente, a de Mellor Canción en Galego, cuxos finalistas son os seguintes:
Agora que veñen de iniciarse as emisións de Radio Xavedes! ;), vémonos na obriga de aumentar a nosa discoteca.
Farémolo pouco a pouco: canción a canción ou disco a disco. Hoxe optamos pola segunda das opcións.
Berrogüetto naceu en Vigo na primavera de 1995, cando seis músicos (outro día falaremos da prehistoria do grupo) se reúnen para acabar de conformar un proxecto musical que pretende emprender unha viaxe cara ao futuro a través da música celta tradicional galega. Eses seis membros fundadores de Berrogüetto son Anxo Pintos (zanfona, gaita, saxo soprano, violín e teclado), Guillerme Fernández (guitarras), Isaac Palacín (percusión), Quico Comesaña (bouzouki e harpa), Paco Juncal (violíns) e o cedeirés Santiago Cribeiro (acordeón e teclados).
A tarefa de poñerlle nome ao grupo resolveuse coa creación dun novo vocábulo: Berrogüetto. O seu significado: “o grito dos oprimidos”, deriva da conxunción de berro, de gueto e de Soweto (o barrio da cidade de Iohannesburgo de onde partiu a revolución que rematou co apartheid en Sudáfrica e deu lugar á chegada da democracia a ese país).
De xeito igual de brillante resolveron o seu primeiro traballo, Navicularia (1996), un disco que supuxo (e non esaxeramos) un antes e un despois para a música tradicional galega.
O perfecto equilibrio acadado entre tradición e modernidade, xuntando cancións tradicionais e temas de composición propia, converteuno nun álbum imprescindible, que colleitou un importante éxito de crítica (Premio da Asociación da Crítica Alemá do Disco ao Mellor Disco de World Music) e público.
Para ilustrar o que era o seu directo por aquela época e aquela xira que os levou a pisar o escenario dos principais festivais internacionais (aínda lembro o seu concerto no Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira no ano 1998), teremos que conformarnos con este algo posterior Rosendo en Sabaxáns, no que os acompañan (ao igual que en catro dos temas do disco) as pandereteiras de Cantigas e Agarimos.
A listaxe completa dos temas que compoñen o álbum é a seguinte:
Lembrade que dende hai un par de días tedes á vosa disposición as nosas recomendacións musicais na páxina Radio Xavedes!, onde podedes atopar dende este mesmo instante esta xoia do folk galego.
Que é o Galeoke? Pois o Galeoke é, como o seu propio nome indica, un xogo de karaoke. O obxectivo do xogo é acumular o maior número de puntos, puntos que obteremos se conseguimos cadrar a nosa voz co tono de voz da canción que esteamos a interpretar. É dicir, trátase dun xogo na liña do coñecido Singstar™ para Playstation®, se ben o software utilizado neste proxecto está feito en Software Libre.
Pero o que de verdade chama a nosa atención sobre este proxecto é que tódalas cancións que inclúe non só pertencen a artistas galegos, senón que ademais están, todas, compostas en galego.
O primeiro volume do Galeoke saiu á venda o pasado 21 de decembro portando unha heteroxénea selección musical no seu interior. Aí vos van os 16 temas que o conforman:
Os Diplomáticos de Montealto: “Nordés” (con Mercedes Peón)
O Galeoke Vol. 1 vén, ademais, cun código que nos dará acceso á descarga dunha serie de temas extra. E tranquilos, porque se botades en falta algún tema, o Colectivo Galeoke promete unha segunda entrega e ata (se a cousa funciona) unha terceira. Cantamos?
1. Valentín Paz-Andrade para nenos
Presentámosvos unha novidade editorial ben interesante, sobre todo de cara ao vindeiro Día [...]
2. 10.103.409
10.103.409. Esa é a cifra de exemplares vendidos alcanzada pola editorial Xerais ao remate de [...]
3. MC Pondal
Despedimos a semana con música. El Puto Coke é un dos principais referentes do panorama do [...]
4. GalApps: a lingua galega metida nun móbil
Tiñamos pendente (ás veces imos adiando algo e…) algo importante: falarvos de GalApps. De que se [...]
5. Que están lendo en... 1º da ESO? Cartas de inverno
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas [...]
1. Canto é a ignorancia
“Canto é a ignorancia”, dicía meu avó. Onte souben deste vídeo. Nel, unha concursante coruñesa de [...]
2. Tinta de lura para ir á moda
En Xavedes! estamos atentos ás últimas tendencias. Xa podedes atopar en Toupa.net (e [...]
3. Lois Pereiro metido nunha bolsa
O sábado fun facer a compra ao Gadis e atopeime con Lois Pereiro metido nunha bolsa. [...]
4. Son de poetas: unha antoloxía da poesía galega diferente
Esta poesía de Álvaro Cunqueiro que vos trouxemos hoxe vainos dar pé para vos introducir un [...]
5. ガリシアをこよなく愛する日本人。
O pasado venres espertábamos con preocupantes novas chegadas dende o Xapón. O terremoto de [...]
Comentarios recentes