Café en galego | Febreiro
Non podemos deixar que remate o mes sen convocarvos a unha nova reunión de Café en galego, o noso faladoiro de serán. A
4ª REUNIÓN
celebrarémola o
Mércores 29 de Febreiro ás 16:15

Animádevos a participar!
Se vos falo dunha cantautora coruñesa chamada María Xosé Silvar, ao mellor non sabedes de quen estou a falar. Pero se vos falo de Sés, o seu proxecto actual, quizais a cousa cambie. O seu primeiro disco, Admirando a condición (co seu single homónimo, que xa pasou por este blogue) proponnos un vibrante percorrido, en galego (e en feminino), polos ritmos americanos (rocanrol, ska, blues…).

Falámosvos dela porque esta semana témola ben cerquiña, nun par de concertos en formato acústico e acompañada do guitarrista Tito José Calviño. E que ben soa!
Se te vas
Sés
Música ambiente (2010)
Onde e cando? Pois hoxe xoves, ás 22:30 na Sala Super 8, aquí en Ferrol. E o sábado ás once da noite n’A Barqueira (no concello de Cerdido), no Bar Queira :) (e coincidindo coa inauguración da mostra de fotografía musical Pixelín Photo).
23/02/2012 | Categorías: Rebumbio | Tags: admirando a condición, bar queira, maría xosé silvar, música ambiente, pixelín photo, sala super 8, sés, se te vas, tito josé calviño | Deixar un comentario »
Non podemos deixar que remate o mes sen convocarvos a unha nova reunión de Café en galego, o noso faladoiro de serán. A
celebrarémola o

Animádevos a participar!
23/02/2012 | Categorías: Equipo de Dinamización da Lingua Galega | Tags: café en galego | Deixar un comentario »
![]()
1. Valentín Paz-Andrade para nenos
Presentámosvos unha novidade editorial ben interesante, sobre todo de cara ao vindeiro Día [...]

2. 10.103.409
10.103.409. Esa é a cifra de exemplares vendidos alcanzada pola editorial Xerais ao remate de [...]

3. MC Pondal
Despedimos a semana con música. El Puto Coke é un dos principais referentes do panorama do [...]

4. GalApps: a lingua galega metida nun móbil
Tiñamos pendente (ás veces imos adiando algo e…) algo importante: falarvos de GalApps. De que se [...]

5. Que están lendo en... 1º da ESO? Cartas de inverno
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas [...]

![]()
1. Canto é a ignorancia
“Canto é a ignorancia”, dicía meu avó. Onte souben deste vídeo. Nel, unha concursante coruñesa de [...]

2. Tinta de lura para ir á moda
En Xavedes! estamos atentos ás últimas tendencias. Xa podedes atopar en Toupa.net (e [...]

3. Lois Pereiro metido nunha bolsa
O sábado fun facer a compra ao Gadis e atopeime con Lois Pereiro metido nunha bolsa. [...]

4. Son de poetas: unha antoloxía da poesía galega diferente
Esta poesía de Álvaro Cunqueiro que vos trouxemos hoxe vainos dar pé para vos introducir un [...]

5. ガリシアをこよなく愛する日本人。
O pasado venres espertábamos con preocupantes novas chegadas dende o Xapón. O terremoto de [...]

Comentarios recentes