Tinta de lura para ir á moda
En Xavedes! estamos atentos ás últimas tendencias. Xa podedes atopar en Toupa.net (e proximamente nun sitio web propio) as camisetas do proxecto Tinta de Lura.
Como eles mesmos nos explican,
O proxecto Tinta de Lura nace co propósito de difundir e realizar unha promoción da literatura galega, máis concretamente da poesía galega, a través de novas canles.
![]()
Unha desas canles é a creación, distribución e venda dunha colección de camisetas deseñadas a partir de textos de carácter poético pertencentes a diversos autores galegos. Tédelas normais

, entalladas

e para nenos.

A colección componse, polo momento, de textos de Estíbaliz Espinosa, Lois Pereiro, Lupe Gómez, Manoel Antonio, O Leo, Rosalía de Castro e Valentina Carro. Os prezos? Ao redor dos 16 €.
Algunha vez fomos Panxea
… aínda que hoxe a deriva nos teña convertido en continentes(Estíbaliz Espinosa)
Estou vivindo un soño repetido
nas noites dos que me seguen querendo(Lois Pereiro)
Galiza: tes a forza de romperme os ollos
(Lupe Gómez)
Fomos ficando sós o mar, o barco e mais nós
(Manuel Antonio)

Hai ras que se fan grandes
Converténdose en príncipes
Outras, pequeniñas:
Raíñas(O Leo)
Nasín cando as prantas nasen…
(Rosalía de Castro)
Os funambulistas non deberían preocuparse
sabendo que existen as redeiras do Grove(Valentina Carro Padín)
Entrade a probar!



















Encántanme. Son xeniais.
05/04/2011 ás 12:13